Temas: MúSICA

Manos de Topo, ‘caminitos’ de Galicia

Manos de Topo regresa ao primeiro plano co seu esperado cuarto álbum, “Caminitos de Deseo.” A Coruña (este venres 19) e Vigo (sábado 20) están entre as primeiras paradas da xira de presentación. “Indie” no sentido máis amplo da palabra despois de poñerse rumbo á autoxestión. Cancións, afirman, “a nuestra manera” aínda que a voz irónica e afectada segue sendo marca da casa.

Por GC Tendencias | A Coruña | 18/12/2014 | Actualizada ás 01:47

Comparte esta noticia

O grupo galego-catalán volve con letras máis ácidas se cabe, cantadas pola voz inconfundible de Miguel Ángel Blanca e acompañadas de melodías pegadizas que poñen Eduardo Campos co baixo, Alejandro Marzoa con xilófono e teclados, Rafa de los Arcos coa batería, Sara Fontán co violín, e o propio Blanco coa súa guitarra.

Títulos como “Bragas de Bandera” e “Democracias y Desgracias”, ou letras tipo “Póngame otro cóctel Molotov”, reflicten o particular sentido de humor de Manos de Topo, aínda que quizais teña desta volta un grao máis de compromiso. O grupo segue a cantar sobre o seu tema favorito, as historias de amor -ou desamor- máis viscerais, pero en Caminitos del Deseo tamén dirixe a súa ironía característica cara a crúa realidade social que estamos a vivir todos.

O luxo da autoxestión

552139_396151673825712_999837618_n

O luxo da autoxestión?

Tras tres álbums publicados co selo Sones, chega este disco autoeditado e “todo lleno de trampas, igualmente, para seguir haciendo canciones a nuestra manera”, segundo conta Manos de Topo na súa páxina web. Algo que o grupo pode permitirse tras dez anos sobre os escenarios, e enriba co apoio de Ramón Rodríguez (The New Raemon) na produción.

A xira de presentación de Caminitos del Deseo arrancou en Granada fai unha semana, e xa  Manos de Topo a Galicia. Este venres 19 están na sala Mardi Gras de A Coruña e o sábado 20 en La Fábrica de Chocolate, Vigo. Entradas 12€ ou 9€ por anticipado. 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta