Xulio Ferreiro: "Eu aínda non fixen os 50... non sei o que vou facer dentro de cinco, seis, sete ou oito anos"
O ex alcalde da Coruña non descarta a súa volta á politica. Debulla nesta entrevista o pasado e o presente da súa cidade, unha cidade, di que continúa moitas das políticas que puxo en marcha a Marea Atlántica. Recoñece que se levou ben con boa parte do empresariado coruñés, incluído Amancio Ortega, pero non co gran xornal da cidade que buscaba "subordinación", máis que colaboración.
Por Xurxo Salgado | A Coruña | 30/01/2023 | Actualizada ás 22:00