Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2023 | Actualizada ás 19:08
A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada polo PSOE de Ourense sobre a contratación da persoa que representou a Baltasar na Cabalgata dos Reis Meigos este pasado 5 de xaneiro por parte do Concello da cidade das Burgas.
Con cuño deste 30 de xaneiro, os socialistas recibiron a admisión a trámite da queixa presentada, á que a defensoría galega dá trámite porque reúne os requisitos para facelo. Así, o Concello de Ourense que dirixe Gonzalo Pérez Jácome deberá responder o prazo de 15 días á información pedida polo comisionado parlamentario.
O Grupo Socialista mostrou a súa "satisfacción" ante a decisión de admitir a trámite a queixa por esta contratación a unha persoa que está "dobremente condenada" por abuso sexual. "Na queixa que trasladamos á Valedora do Pobo tan só unha semana solicitabamos a súa intervención urxente sobre un asunto que nós consideramos de extrema gravidade", sinalou o grupo socialista, que destaca a "celeridade" da resposta que mostra que "efectivamente, trátase dunha cuestión prioritaria que debe de ser investigada sen demora".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.