Dous novos falecidos por COVID en Galicia ademais de subir os casos activos

Son un home de 85 anos e outro de 91, ambos os dous con patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2023 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este xoves outros dous falecidos que estaban diagnosticados de covid-19. En concreto, trátase dun home de 85 anos da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte e outro, de 91, da de Pontevedra-O Salnés. Con eles, a listaxe de vítimas que deixa a pandemia en Galicia ascende a 4.060.

Ademais, de acordo cos datos ofrecidos este xoves polo Sergas, con cifras actualizadas ás 18,00 do mércores, os casos activos de coronavirus romperon a tendencia descendente dos últimos días e subiron ata os 629 --24 máis--. Mentres, os hospitalizados descenderon a 114 en toda a Comunidade --10 menos--.

Por áreas sanitarias, os casos activos ascenden en case todas elas fóra da da Coruña, onde baixaron lixeiramente a 137 (-2), mais está por diante de todas elas.

En canto ás seis áreas restantes, notificaron lixeiras subidas. En Santiago-Barbanza, os pacientes ascenderon a 117 (+5); en Lugo-A Mariña-Monforte, a 98 (+4); en Vigo, a 88 (+1); en Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, a 75 (+3); en Pontevedra-O Salnés, a 67 (+9); e en Ferrol, a 47 (+4).

Todo iso nunha xornada na que o Sergas detectou de maneira oficial 58 novos positivos en covid-19. A área da Coruña acumula 10 deles, seguidas da de Lugo, Pontevedra e Santiago, con nove cada unha. De igual modo, a de Ourense suma oito novos casos, a de Vigo sete e a de Ferrol, seis.

No que respecta aos hospitalizados, baixaron nunha decena en toda Galicia, ata situarse nos 114. En concreto, son 109 en planta --oito menos-- e cinco na UCI --dúas menos--.

Por áreas, só a de Santiago notificou un ascenso ata os 19 ingresados (+3), mentres que a de Vigo mantense sen variación, cun total de 14. O resto, baixan: A Coruña a 30 hospitalizados (-2); Ourense a 17 (-2); Pontevedra a 14 (-2); Lugo a 12 (-4); e Ferrol a oito (-3).

Cidadáns nunha zona de canas/copas a noite que se eliminan as limitacións horarias para a hostalaría galega, a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press
Cidadáns nunha zona de canas/copas a noite que se eliminan as limitacións horarias para a hostalaría galega, a 11 de febreiro de 2022, na Coruña. M. Dylan - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta