O programa Impacto Autónomo ampliarase en 5 millóns que se poderán solicitar até o 9 de febreiro

O Diario Oficial de Galicia publicará este luns, día 6 de febreiro, a ampliación de crédito de 5 millóns de euros do programa Impacto Autónomo, que foi autorizada polo Consello da Xunta este xoves pasado. As axudas poderanse solicitar ata o día 9 de febreiro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 05/02/2023 | Actualizada ás 10:34

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia publicará este luns, día 6 de febreiro, a ampliación de crédito de 5 millóns de euros do programa Impacto Autónomo, que foi autorizada polo Consello da Xunta este xoves pasado. As axudas poderanse solicitar ata o día 9 de febreiro.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, destacou este sábado na Coruña o apoio da Xunta ao emprego autónomo, o cal está "a reforzar" para axudar ás persoas traballadoras por conta propia no inicio da súa actividade e tamén na consolidación dos negocios.

Desta maneira, Lorenzana subliñou que a Administración autonómica investirá este ano máis de 65 millóns de euros para impulsar de forma específica a actividade económica deste sector.

A conselleira de Promoción do Emprego visitou este sábado a tenda de venda de produtos sustentables para nenos e nenas Pinocchio e Cía e o restaurante Eclectic, onde estivo acompañada do delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Así, da partida inicial de 30 millóns de euros, que se publicaron o pasado 4 de xaneiro, sumaranse agora outros 5 millóns, ata os 35, para tratar de chegar a 30.000 profesionais. Con esta iniciativa, está "a compensarse o incremento dos custos derivados da inflación" que están a padecer as persoas traballadoras por conta propia e as microempresas.

Estas axudas poderanse solicitar ata o próximo 9 de febreiro e son compatibles con calquera outro apoio da Xunta dirixido ao colectivo de emprego autónomo.

Na primeira convocatoria destas axudas, foron numerosas as queixas polo atasco e o esgotamento das subvencións pasada a medianoite, o que fixo dificultoso ou imposible a tramitación para moitos posibles beneficiarios, xa que se concedían por orde de solicitude. Tras os problemas, Emprego comprometeuse a mellorar a metodoloxía.

OUTRAS AXUDAS

Para o colectivo autónomo, está aberto o prazo de solicitude para optar aos apoios do Xempre Autónomo (Promoción do Emprego Autónomo), para impulsar e apoiar o inicio da actividade por conta propia; e o Bono Autónomo, que permitirá a consolidación e mellora da competitividade de negocios de persoas traballadoras autónomas.

A conselleira, para finalizar, apuntou que a Xunta "seguirá traballando para propiciar un clima de estabilidade, de certeza e de confianza, especialmente para as persoas traballadoras autónomas, ás que non deixarán de apoiar nas medidas das súas posibilidades".

Traballadores autónomos
Traballadores autónomos | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta