A Feira do Cocido de Lalín 2023: "mediática, solidaria e con presenza de delegacións estranxeiras"

A Xunta destaca que a gastronomia galega é un polo de atración de turismo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2023 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou este martes na presentación da Feira do Cocido de Lalín, levada a cabo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde puxo en valor a longa traxectoria desta celebración de Interese Turístico Internacional.

Alí, Castro fixo especial fincapé na importancia da enogastronomía dentro da oferta turística de Galicia, xa que constitúe o segundo motivo polo que os turistas se achegan a Galicia.

EDICIÓN "MEDIÁTICA E SOLIDARIA"

Pola súa banda, o alcalde da localidade pontevedresa, José Crespo, destacou que o próximo 12 de febreiro levará a cabo a Feira, que será a primeira sen restricións tras a pandemia.

O rexedor indicou que será unha edición "mediática, solidaria e con presenza de delegacións estranxeiras", xa que o director da Volta a España, Javier Guillén, e a xornalista da Televisión de Galicia, Noelia Rey, incorporaranse á Encomenda do Cocido 2023, á que entrarán a formar parte nesta edición o pregoeiro José Ribagorda; a empresaria lalinense Clara Rodríguez; a tamén lalinense presidenta da Asociación Carabelo, Valentina Díaz; o artista Xosé A. Touriñán, e o embaixador de Arxentina en España, Raúl Alfonsín.

"Quixemos facer un esforzo especial a todos os niveis para que a Feira volva coller un impulso importante despois destes dous anos atípicos", reivindicou Crespo.

Xosé Crespo e Nava Castro na presentación da Feira do Cocido de Lalín
Xosé Crespo e Nava Castro na presentación da Feira do Cocido de Lalín | Fonte: XUNTA - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta