A Policía Local de Ourense sálvalle a vida a un home cun desfibrilador

Coa colaboración dun médico que estaba no lugar, procederon á reanimación do afectado

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 10/02/2023 | Actualizada ás 16:02

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Local de Ourense colaboraron para salvar a vida a un veciño da cidade, que sufriu unha indisposición na vía pública e ao que puideron reanimar cun desfibrilador. Os feitos ocorreron na tarde deste xoves, cando unha patrulla que circulaba pola zona de Portocarreiro foi requirida por varias testemuñas, ante a presenza dun home que se atopaba mal e que estaba a perder a consciencia e o pulso.

Os axentes achegáronse rapidamente cun dispositivo DESA (un desfibrilador semiautomático) que portan no vehículo e, coa colaboración dun médico que estaba no lugar, procederon á reanimación do afectado, un home de 61 anos de idade. Pouco despois, este home foi trasladado con vida por unha ambulancia, cuxo equipo médico o estabilizou antes de levarllo ao CHUO.

CHUO
CHUO | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta