Xa podes inscribirte no 'Xuventude Mentoring", un programa para "impulsar" a inserción laboral da mocidade

A cidadanía galega de entre 18 e 30 anos a participar nesta terceira edición

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2023 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

A Xunta abriu o prazo de inscrición para participar na terceira edición do programa 'Xuventude Mentoring'. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participou este venres en Pontevedra nun coloquio con mozos e mentores que participan neste proxecto.

Alí, a titular de Xuventude animou á cidadanía galega de entre 18 e 30 anos a participar nesta terceira edición dun programa que serve para "asesorar, formar e impulsar á mocidade cara á inserción laboral". O prazo de inscrición manterase aberto ata o 10 de marzo.

A conselleira destacou que esta iniciativa é un "apoio fundamental" para a mocidade por darlle "a seguridade e as ferramentas para pasar de estudantes a profesionais". Segundo informaron a Xunta, neste encontro celebrado no restaurante O Ultramar, do chef Pepe Vieira, esta nova edición do programa contará con 250 prazas. Para iso, a administración autonómica destinará este ano un orzamento de 500.000 euros para a súa posta en marcha.

Este programa leva dous anos ofrecendo á mocidade un primeiro contacto coa súa área de coñecemento, con actividades formativas e visitas a empresas para que poidan crear a súa rede de contactos.

Así mesmo, Fabiola García sinalou que neste tempo foron 300 os mozos que participaron nestas dúas edicións, 200 os mentores que se ofreceron a colaborar no asesoramento e 20 as entidades colaboradoras.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participa nun coloquio sobre o programa 'Xuventude Mentoring'.. XUNTA
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, participa nun coloquio sobre o programa 'Xuventude Mentoring'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta