O primeiro EmigranSON lebará a Bruxelas a artistas como Familia Caamagno, Berto ou The Rapants

O festival conta coa axuda da asociación belga Couto Mixto, que reúne a unha boa parte do colectivo emigrante de Galicia e que leva anos comprometida coa difusión da realidade cultural da Comunidade en Bruxelas.

Por E.P. | BRUXELAS | 13/02/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O festival EmigraSON, que celebrará a súa primeira edición en Bruxelas os días 24 e 25 de marzo, anunciou este luns a súa programación completa, que conta con seis bandas, unha formación de foliada e un grupo de oralidade e música.

Esta iniciativa, organizada por un grupo novos galegos emigrados e que ten apoio do Parlamento Europeo, dará comezo cun encontro pechado ao público cos eurodeputados Nicolás Casares e Ana Miranda. Esta busca ser "unha oportunidade para falar de cultura, mocidade e emigración".

Nesta liña, a xornada do día 24 acollerá no Instituto Cervantes un espectáculo de oralidad e música da man de Benxamín Otero e Celso Fernández, que representarán 'No tempo dun café'. Así, o día terminará cunha foliada de Xirandola, que levará a cabo no bar Kamea.

Deste xeito, Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto, Lemon Pears e Filloas son o seis grupos que tocarán o sábado 25 de marzo no escenario da sala Embassy na capital europea. As entradas sairán á venda este luns ás 13,00 horas e o seu prezo será 20 euros.

PATROCINADORES

Ademais, o festival conta coa axuda da asociación belga Couto Mixto, que reúne a unha boa parte do colectivo emigrante de Galicia e que leva anos comprometida coa difusión da realidade cultural da Comunidade en Bruxelas.

Pola súa banda, o eurodeputado do PSOE Nicolás Casares sinalou que festival é "unha forma máis de colaborar coa difusión da galeguidade en Bruxelas" e agradeceu o traballo dos promotores, "xente nova de Galicia que non se esquece dela".

Así, a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, resaltou que o EmigraSon "axuda a visualizar que hai unha parte da poboación galega que vive en Bruxelas e quere ter parte na vida cultural galega".

Cartel completo da primeira edición do EmigraSON, que terá lugar en Bruxelas os días 24 e 25 de marzo.. EMIGRASON
Cartel completo da primeira edición do EmigraSON, que terá lugar en Bruxelas os días 24 e 25 de marzo.. EMIGRASON | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta