Cuarto incendio no parque natural do Xurés no que vai de ano

Xa foi extinguido e afectou ao municipio de Bande.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2023 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

Un incendio xa exintiguido queimou menos dunha hectárea do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés no municipio ourensán de Bande.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume iniciouse ao redor das 19,40 horas do pasado martes na parroquia de Corvelle e quedou extinguido ás 22,00 horas do mesmo día.

As medicións sitúan a superficie queimada polas chamas en 0,24 hectáreas de superficie arboredo do parque natural do Xurés, que suma xa catro incendios forestais no que vai de ano. Nas tarefas de extinción deste lume traballaron un axente, dúas brigadas e unha motobomba.

Terreo calcinado polo incendio forestal na Serra do Leboreiro, na paraxe de Corga de Salvante, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés
Terreo calcinado polo incendio forestal na Serra do Leboreiro, na paraxe de Corga de Salvante, no parque natural de Baixa Limia e Serra do Xurés | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta