Máis dun 40% dos mozos de 18 a 24 anos queren emigrar

A nivel global, un 27% da sociedade española ten intención de marchar a outro país. Os lugares con máis pertenza cultural teñen porcentaxes máis baixas de desexo de emigrar

Por Galicia Confidencial | España | 19/02/2023 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

España atópase entre os 20 primeiros países do mundo no que os seus habitantes máis desexan seguir vivindo no seu territorio. Segundo os datos dunha enquisa realizada por Gallup International, España ocupa o posto número 17 dunha lista encabezada pola India, onde tan só un 4% da poboación quere deixar o seu territorio. 

Mozos investigadores que traballan no estranxeiro nun encontro en Vigo para participar no IYI Meeting
Mozos investigadores que traballan no estranxeiro nun encontro en Vigo para participar no IYI Meeting | Fonte: UVIGO

Un 65% da poboación española amosa o seu interese por continuar a vivir no país, mentres que un 27% desexa emigrar. Estas cifras poñen a España como o noveno da rexión cos habitantes máis reacios a marcharse, só por detrás de Eslovenia, Suíza, Xeorxia, Moldova, Austria, Suecia, Bulgaria e Armenia. 

AUMENTA A INTENCIÓN DE MARCHARSE ENTRE OS MÁIS NOVOS

O desexo de abandonar o país entre os mozos españois sobe ata o 44% na franxa de idade de 18 a 24 anos, mentres que se sitúa nun 36% entre os de 25 e 34 anos. Porén, estas cifras van na liña dos demais países do mundo, onde as persoas máis mozas atópanse cercanas á idea de abandonar o seu lugar de orixe.

En total, un 36% dos participantes da enquisa a nivel global, realizada en 57 países, manifestan intención de emigrar, unha porcentaxe que sobe ata o 44% entre os menores de 35 anos. 

A ECONOMÍA IMPULSA A EMIGRACIÓN

"É moi revelador que un terzo da cidadanía do mundo queira emigrar, o que revela as realidades diferentes que hai entre os países e as diferenzas en termos económicos", apunta Luis Hernández, CEO de Sigma Dos. Así, tamén incide en que os países cun arraigamento cultural moi forte son os que teñen cidadáns máis remisos a marchar.

O estudo sinala que a escala mundial, o desexo de emigrar increméntase entre o cidadáns con niveis máis baixos de ingresos (un 62% do total). Na maioría dos casos son mozos que se enfrontan a maiores dificultades para atopar oportunidades de desenvolvemento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 SempreGalizaColonia

30 anos de auxiliar administrativo na Xunta, soldo: 1500€ (SMI: 1080€).