Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/02/2023 | Actualizada ás 13:59
Galicia converteuse nunha das primeiras comunidades autonómas en implantar un proxecto pioneiro, a través da plataforma 'Smart Waste', para aplicar a tecnoloxía na mellora e optimización da recollida e selección de residuos que van aos colectores amarelos e azuis.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ángeles Vázquez, participou este mércores na presentación desta iniciativa piloto no municipio de Ribeira, e explicou que esta plataforma de reciclaxe intelixente permite recoller datos en tempo real sobre o volume e o tipo de residuos grazas á incorporación de sensores nos camións, de sistemas GPS e de tecnoloxía punteira nas plantas de selección.
A información recollida permite optimizar procesos, como a adecuación na frecuencia de recollida, as rutas que ten que realizar cada camión, ou os lugares nos que faltan ou sobran colectores. Eses datos tamén servirán para coñecer tendencias de consumo a través do depósito de desperdicios por barrios, parroquias, etc.
PROXECTO LIBERA
Por outra banda, durante este acto, Anxos Vázquez tamén puxo en valor a colaboración que a Xunta mantén con Ecoembes para sensibilizar e mobilizar á cidadanía de facer unha mellor xestión dos residuos e maior respecto ao medio ambiente.
Nese sentido, o ano pasado uns 2.000 galegos mobilizáronse nas recollidas de residuos organizadas no marco do proxecto Libera, no que colaboran Xunta, Ecoembres e SÉ/Birdlife, e nas que se recolleron 400 quilos de lixo nun centenar de puntos da comunidade. A iniciativa continuará en 2023 e está previsto que en marzo se realice unha nova campaña de voluntariado por ríos, lagos e encoros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.