A Marcha Mundial das Mulleres denuncia identificacións na concentración polo feminicidio de Baiona

Rexistraron unha queixa ante a Subdelegación do Goberno de Ourense para coñecer os motivos

Por Galicia Confidencial | Ourense | 15/02/2023 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A Marcha Mundial das Mulleres vén de rexistrar unha queixa ante a Subdelegación do Goberno en Ourense pola identificación de mulleres na concentración en repulsa polo asasinato machista en Baiona de Beatriz Lijó, de 47 anos. 

A Marcha Mundial dás Mulleres na presentación dunha campaña do 25N en Ourense
A Marcha Mundial dás Mulleres na presentación dunha campaña do 25N en Ourense | Fonte: MARCHA MUNDIAL DÁS MULLERES

Desde a MMM apuntan a que ao remate da concentración, cando a xente xa se atopaba dispersa, dous axentes uniformados solicitaron a súa identificación. "Repítesenos que non hai efectivos suficientes dos corpos de seguridade do Estado para garantir a seguridade coas ordes de afastamento, pero semella que son de abondo para presentarse ao finalizar unha concentración", afirman desde o colectivo. 

Explican que no momento preguntaron o motivo da identificación. "Obtivemos como resposta que ao ser máis de 20 persoas e non ter tramitado o permiso, tiñan que facelo" e enfatizan que "negámonos a que a ocupación dunha beirarrúa teña que estar tutelada polo Estado". 

Así, puxeron unha queixa na Subdelegación do Goberno de Ourense para coñecer os motivos da presenza policial, que non ocorrera noutras ocasións. "Esiximos saber porque se envían axentes de paisano ás nosas mobilizacións", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta