Deste nivel saen O Barco, Boiro e Cambados. As sete cidades seguen en nivel alto.
  comenta   0
Os participantes achegáronse a distintos ámbitos científicos, desde o 5G, ata a historia evolutiva do cancro, pasando polas matemáticas aplicadas á covid, as nanopartículas plasmónicas e a visión infravermella.
A través do proxecto Activistas polo mundo que queremos fan programas radiofónicos para combater o machismo, o consumismo e o racismo.
  comenta   0
Veciños e representantes políticos saíron á Serra da Groba para berrar 'non' aos proxectos eólicos que penden sobre ela.
Tamén determina niveis de restrición en concellos turísticos como Sanxexo, A Illa, Sanxenxo, Cangas, Gondomar ou Baiona.
  comenta   0
Os primeiros días de celebración veñen de se saldar cun incremento de contaxios, casos activos e hospitalizacións. Na fin de semana foron tramitadas máis de 400 denuncias por incumprir as restricións. O comité presidido por Feijóo reúnese este martes para analizar os datos e decidir se implementan cambios de cara á segunda metade das festas.
  comenta   0
Asegura que o Comité Clínico poderá pechar máis concellos a vindeira semana porque xa se coñecerá a incidencia que puido ter a ponte de San Xosé nalgúns concellos.
  comenta   0
Sanxenxo e Baiona estarán pechados perimetralmente tras dispararse a incidencia na ponte de San Xosé.
A coquina pasou de 40 toneladas nos anos 90 aos 500 quilogramos da actualidade, mentres que o mexillón afronta un novo perigo, as biotoxinas SPX-13 e a PnTX-G, pouco estudadas aínda en Galicia. Pola contra, un equipo no que participa a USC afondou sobre a “marteliose”, un dos principais inimigos dos berberechos.
  comenta   0
Establece o nivel alto para os municipios de Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona. e
  comenta   0
Ecologistas en Acción critica ás administracións por non achegar os datos de 41 da 69 EDAR que se atopan na costa.
  comenta   0
A reportaxe de denuncia forma parte dun programa para a transformación social organizado por varios ONGs.
Galicia foi a segunda comunidade con máis inmatriculacións do Estado realizadas pola Igrexa aproveitando a Lei Hipotecaria de Aznar. Entre estes bens atópase a igrexa máis antiga das catro provincias, pero tamén varios alpendres e ata un 'teleclub'.
  comenta   1
A Xunta controla 170 áreas fluviais con risco de inundacións e traballa na revisión de mapas de perigo
  comenta   0
No caso está implicada a empresa propiedade da familia da que fora concelleira de urbanismo, Ana Simóns , durante o mandato do ex conselleiro de Sanidade da Xunta e agora presidente do Porto de Vigo.
A mobilidade estará restrinxida só ao ámbito municipal. Tamén se prohíbe a práctica do deporte federado.
  comenta   1
O atentado arqueolóxico tivo lugar na estación de Outeiro dos Lameiros, na parroquia de Sabarís, onde hai petróglifos únicos en Galicia.
Ana Simóns era concelleira de Urbanismo cando Jesús Vázquez Almuiña era alcalde de Baiona. A fiscalía solicita para os administradores de Villa Rosa Bayona S.L, pai e irmán respectivamente da entón edil, 4 anos de prisión e inhabilitación especial para o dereito a sufraxio pasivo, 2 anos e 4 meses de multa con cota diaria de 100€.
A Escola Infantil O Areal está situada na parroquia de Sabarís, no municipio de Baiona. A Xunta normalizouna tras levar 10 anos impartindo clases nun corredor por falta de espazo, a pesar de ir en contra dos protocolos aprobados para afrontar o coronavirus.
O número de alumnos matriculados subiu un 26% con respecto ó ano pasado, situándose xa en máis de 14.500 alumnos. Destes, máis de 300 alumnos da Mariña realizarán as probas nun pavillón deportivo con efectivos de policía que garantirán que se cumpran as medidas de distanciamento.
  comenta   0