Evacuada unha muller afectada por inhalación de fume nunha vivenda en Baiona

Sufocado un incendio rexistrado nunha churrasquería de Vilagarcía de Arousa mentres estaba pechada, polo que non houbo danos persoais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2024 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

Unha muller tivo que ser trasladada este luns a un centro hospitalario con síntomas de intoxicación, despois dun incendio ocorrido na súa vivenda en Baiona. O lume rexistrouse sobre as 16.45 horas, ao parecer nun deshumidificador no salón, segundo informa o 112 Galicia. Foi un particular quen chamou á central de emerxencias ao ver unha fumareda a través da galería da vivenda. Esta persoa indicaba que a propietaria se atopaba na rúa, pero sen saber se fora afectada o incendio.

Seguidamente, o GES de Val Miñor desprazouse ata o lugar dos feitos e puido certificar que o lume xa estaba extinguido. Tras os labores de ventilación, confirmaron que soamente ardera unha parte dos estores do salón, sen afectar o mobiliario. Ademais, inspeccionaron o piso e concluíron que o lume comezara nun deshumidificador.

Aínda así, os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias confirmaron o traslado dunha persoa por inhalación de fume.

CHURRASQUERÍA EN VILAGARCÍA

Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou na tarde deste luns outro incendio, neste caso nunha churrasquería en Vilagarcía de Arousa que permanecía pechada. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. Eran ao redor das 18.00 horas cando un particular alertaba ao 112 de que saía moito fume pola cheminea do establecemento, situado no número 77 da Avenida de Pontevedra.

A central de emerxencias pasou o aviso aos bombeiros de Vilagarcía, ao servizo de emerxencias do municipio, ás policías Local e Nacional, e a Protección Civil. Tras chegar ao momento e contactar co dono, os bombeiros extinguiron o lume e ratificaron que ninguén había resultado ferido.

112  / Europa Press - Arquivo / Europa Press
112 / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta