Máis dun centenar de efectivos velarán pola seguridade no Entroido de Ourense

Entre as medidas anunciadas retiraranse os colectores de vidro

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 15/02/2023 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense presentou este mércores o dispositivo de seguridade para o Entroido 2023 no que participarán un centenar de efectivos entre corpos de seguridade e sanitarios, debido á alta participación que esperan para esta festa.

Así pois, a Policía Local coordinará un posto de mando con outras forzas de seguridade. Así mesmo, haberá cinco ambulancias medicalizadas en puntos estratéxicos da cidade, onde se esperan maiores aglomeracións, como a zona do casco antigo e tamén haberá un punto violeta para informar e actuar en caso de ser vítima ou testemuña de acoso ou dunha agresión sexual.

O encargado de explicar o dispositivo foi o inspector xefe da Policía Local, Lorenzo Ferreiro que mativo diversas reunións para coordinar o dispositivo que garanta a máxima seguridade, enfocado especialmente no tres días nos que esperan unha maior participación: sábado, domingo e luns.

Axentes da Policía Nacional nunha imaxe de arquivo
Axentes da Policía Nacional nunha imaxe de arquivo | Fonte: Arquivo

RETIRADA DOS COLECTORES DE VIDRO

O dispositivo de seguridade está establecido por días, sendo o día "máis potente, a noite do luns" no que, só da Policía Local, desprazaranse oito patrullas, é dicir, 16 policías. Ademais contarán coa Policía Nacional, Garda Civil e Protección Civil, achegando estes últimos 15 voluntarios nas noites grandes, como a do luns, e 8 no resto de xornadas.


Desde a Policía Local sinalan que a previsión do Entroido "é que sexa moi potente", e por iso haberá presenza en todos os accesos e saídas da cidade e realizaranse controis de drogas e alcol "para evitar posibles accidentes", reforzando os controis habituais.

Ademais, para minimizar o risco de feridas ou de pelexas, tamén se retirarán os colectores de vidro para "evitar que se empregar como armas perigosas". Así pois, recomendan aos hosteleiros o emprego de plástico.

A pesar de todo, sinalan que o ano pasado "non pasou nada grave" e o dispositivo "xa era parecido", polo que esperan que este ano "tamén salga todo o mellor posible", evitando problemas, "gozando e deixando gozar". Así pois, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha, fixo un chamamento ao "sentido común"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta