Pillan 'in fraganti' a un home que intentaba roubar nunha barbaría de Vilagarcía

Un veciño da zona escoitou un forte ruído e atopouno golpeando o vidro do local cun bloque de formigón

Por Europa Press / Redacción | Vilagarcía | 20/02/2023 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

A Policía Local de Vilagarcía detivo a pasada noite a un veciño de 59 anos como presunto autor dunha tentativa de roubo con forza nunha barbaría situada na rúa San Xosé.

O detido, que responde as iniciais de R.A.R., foi visto por un veciño da zona utilizando un bloque de formigón para golpear o vidro do establecemento pasadas as 22.30 horas do domingo e alertou á Policía do inicidente, así como de que o autor estaba nas proximidades. 

A testemuña, segundo consta no parte policial, atopábase na súa vivenda cando escoitou un forte ruído e, ao saír á terraza, viu a un home con pouco pelo e vestido cunha cazadora azul golpeando cun bloque de formigón o vidro da barbaría, abrindo un buraco duns 40 centímetros de diámetro.

Policía Local
Policía Local | Fonte: Miguel Nuñez

O veciño tamén chamou ao propietario do establecemento, que vive a pouca distancia e que, coa descrición facilitada, saíulle ao paso ao individuo e seguiuno para non perderlle a pista ata a chegada da patrulla que finalmente o detivo.

DÚAS DENUNCIAS SIMILARES

Ese mesmo día, a Policía tramitou dúas denuncias por feitos similares na avenida Rosalía de Castro. O primeiro sucedeu de madrugada no centro socio comunitario de O Ramal, onde ás 16,14 horas saltou a alarma debido, segundo comprobou posteriormente a Policía, a que alguén lanzara unha pedra contra a porta de cristal do bar situado na parte traseira do edificio, sen poder determinar si accederan ou non ao interior.

O segundo incidente produciuse ao redor do catro da tarde do domingo, na ferraxaría de Carril, onde tamén se tentou romper o vidro da porta, aínda que neste caso, só causando danos, sen chegar a perforalo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta