A reserva dos encoros galegos está ao 78,6%, un 43% máis que hai un ano

Por E.P. | Galicia | 21/02/2023 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

Os encoros galegos están ao 78,6% da súa capacidade, un dato inferior á porcentaxe do 79,6% rexistrado hai unha semana, segundo datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

En concreto, a reserva hidráulica galega dispón de 2.920 hectómetros cúbicos de auga, un 43,6% máis que hai un ano. Deste total, 2.351 hectómetros cúbicos correspóndese á Conca Miño-Sil, que está ao 77,6% da súa capacidade.

Pola súa banda, a conca Galicia-Costa dispón de 569 hectómetros cúbicos, o que supón un 83,2% do total que pode almacenar. En xeral, Galicia dispón dun 4,5% máis de auga que a media dos últimos 10 anos nestas datas.

Imaxe dun encoro galego
Imaxe dun encoro galego | Fonte: Ríos Galegos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta