Ileso un parapentista tras quedar enganchado na ponte da Illa de Arousa

Logrou soltar os cables coa axuda dun particular e deixouse caer á auga

Por Europa Press / Redacción | Arousa | 22/02/2023 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

Un parapentista resultou ileso despois de sufrir un accidente ao engancharse uns cables do seu equipo de voo na estrutura da ponte da Illa de Arousa. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 16,45 horas da tarde, cando unha persoa chamou a Emerxencias para indicar que un paracaidista necesitaba axuda, xa que os cables do seu equipo quedaron enganchados na estrutura da ponte.

O 112 avisou á Garda Civil, Policía Local, Policía Autonomica, Bombeiros do Salnés e ás autoridades responsables do control aéreo na zona. Así mesmo, deuse aviso a Urxencias Sanitarias 061 por se o deportista necesitase atención sanitaria.

Finalmente, o paracaidista logrou soltar os cables coa axuda dun particular e deixouse caer á auga, nadando logo ata a beira. A propia Policía Local contactou co 112 para informar de que esa persoa xa estaba en terra e que se atopaba en bo estado de saúde.

Parapente / Óscar (xindilo/fotosderianxo)  /Flickr.
Parapente / Óscar (xindilo/fotosderianxo) /Flickr.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta