Menos do 1% do 21.380 test de alcoholemia feitos pola Policía Local de Pontevedra superaron a taxa permitida

Pola contra, o número de accidentes con alcoholemia positiva aumentaron en 2022 ao pasar de 13 a 20.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

Menos do 1% do 21.380 test de alcol realizados o ano pasado pola Policía Local arroxaron taxas por encima do permitido, aínda que o número de accidentes con alcoholemia positiva aumentaron en 2022 ao pasar de 13 a 20.

A edil de Seguridade e Protección Cidadá do Concello de Pontevedra, Eva Villaverde, ofreceu este xoves unha rolda de prensa para informar da última memoria de tráfico realizada pola Policía Local de Pontevedra na que se recollen todos os datos relacionados co tráfico e coas intervencións que o corpo local fixo a este respecto durante o 2022.

"Pontevedra mostra uns moi bos resultados no que ten que ver con sinistralidade de tráfico", resaltou Villaverde, que puxo o acento en que un ano máis, como ocorre desde 2011, non se produciron vítimas mortais en accidentes de circulación nas vías de titularidade municipal.

"É a proba máis evidente de que o modelo urbano funciona e que hai que seguir incidindo e intensificando este modelo. Os resultados mostran que imos na boa dirección e por iso seguiremos traballando nesta liña", apuntou.

Villaverde puxo sobre a mesa tamén os datos de feridos graves, que segue tendo o obxectivo de baixar dos dous díxitos, unha marca que non se alcanzou en 2022 ao producirse un total de 16. No caso de accidentes con feridos leves, a cifra queda en 126, sendo o obxectivo baixar dos cen.

Ao longo do ano, a Policía Local realizou 17 campañas específicas, 11 en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e 6 propias. Doutra banda, desde o ano 2012 e ata o ano 2022 descendeu un 49,18% o número de vehículos retirados polo guindastre municipal por infracción, aínda que aumentaron nun 13% os vehículos retirados por infracción con respecto ao ano 2021.

Control de alcoholemia realizado pola Garda Civil de Tráfico en Galicia.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO
Control de alcoholemia realizado pola Garda Civil de Tráfico en Galicia.. GARDA CIVIL DE TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta