Desgrazas e desgraciados

Mihaly Csikszentmihalyi, psicólogo na universidade de Chicago, deu a coñecer nun simposio sobre opinión pública celebrado en xaneiro de 1992 na universidade de Mainz, un traballo co título " A opinión pública e a psicoloxía dá soidade ", no que reflicte a súa tese : case todo o mundo séntese desgraciado cando está só.

Por Fermín Paz | As Pontes | 22/01/2015

Comparte esta noticia
Nacín aló polo 1951 na aldea de Rivadeume (As Pontes) e  xa que logo escotei desde neno falar deste xeito e tamén dicires do refraneiro peneirando a desgraza pero tamén algunha sentenza contraria: ... si as compañías son daquela maneira, mellor só. Non é a primeira vez que me pregunto, pola relatividade do sentimento de sentirse desgraciado e ser un desgraciado, obxectivamente.
 
Vivir en soidade, en min, non produce un sentimento de desgraza. Non me vou a tirar a silveira, cualificándome de afortunado pola contra, pero non é para tanto, e non o digo desde unha perspectiva de supervivencia, senón de vivila en liberdade e con naturalidade. O mesmo Mihaly, deixou sitio para a poesía da soidade, cando fai un afinamento, ... case todo ou mundo...
 
Non entanto, penso que vale a pena darlle algunha volta máis á relación entre estar só e a desgraza. Imos aló.
 
O bipartidismo ademais dunha nebulosidade foi unha  trampullada organizada  para gobernar entre dous e alternativamente, por citar algún exemplo ( sei que hai moitos mais e o longo e ancho dos territorios do estado), e representa ben o que quero explicar. Só os que conformaron este xeito de repartirse a empanada, saben si sentiron ou senten a soidade nas súas decisións revestidas de acción política e moralidade; pola contra,  sei que por mor delas,  a desgraza chegou a moita xente e por iso mesmo, sinto que todos eles foron uns desgraciados polo seu facer. 
 
Non esquezo tampouco a complicidade comprensiva entre eles e os palmeiros xustificativos que tamén beneficiaron  tanto no asuntos de estado como de goberno das institucións de representación na xestión da cousa pública e porque non, tamén nos espacios privados onde moit@s pulan por xustificar “ o todo  vale”.
 
Coa analoxía, só quero situarnos diante dunha estratexia para gobernar entre aqueles que formalmente son diferentes, e que foi o alicerce fundamental para soster un sistema que desde fai tempo fai auga, polas continuas agresións a ética na política e a lei. Fixo e fai sentir a xente desgraciada e os verdadeiramente desgraciados, sentíronse nun mundo feliz. O mundo do revés, “legalidade”, “maioría”, “imperio dá lei, etc.., as veces non son mais que faladeiras e refuxio para agachar ou ben tratar de xustificar os desastres dalgúns dos actos de goberno.
 
Si a xustiza fora xusta e quen de facer a limpa en todos os sumidoiros mais aló da feira da fiscalidade. Si o bipartidismo, deixara de autoxustificar que o seu hexemonismo  ten base  na lexitimación que lle deron as furnas (nunca para roubar e facer organización para o delito) e fixera os drenaxes aos que deberían obrigarse, denantes de seguir defendendo que a maioría é tamén unha supremacía moral, sería un pasiño adiante. Pero como teño dubidas razoables, deberiamos, agora si, mirar debaixo dá palla e non conformarnos coa predica. De non ser así, pode que de novo acaden un marco de lexitimidade democrática e sigan a mallar, nos de sempre
 
Conformaría con facerlles sentir a soidade, a que doe de verdade. A dun pobo que non esquece a súas accións e complicidades. O queiran ou non, son os causantes dunha certa involución democrática. Desde esta perspectiva, calquera proceso social ou electoral  debería ter hoxe dinámicas de confrontación en debate público sobor das desgrazas provocadas  para resolver dalgun xeito certo e creibel a encrucillada das responsabilidades políticas.
 
Sería ben prantexarlle a Mihaly estas cuestións para que reformulara a súa tese un chisco. Falareille da miña conclusión: a desgraza pode que che faga sentir só, pero pola contra para ser un desgraciado nunha democracia, precisas sempre de compañía e complicidade para inmunidade dos teus actos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Fermín Paz A miña actividade política e social ven do ano 1970. Militei e tiven responsabilidades en organizacións do nacionalismo galego a nivel local, comarcal e nacional. A nivel Internacional, Secretario Xeral da Unión Internacional de Sindicatos da Enerxía-Química e Petróleo e da Comisión Executiva dos Sindicatos da Enerxía- Química e do Petróleo da rexión Europea-Paises árabes. Secretario Xeral da Asociación Internacional Droit á l´énergie-Sos Futur con sede en Paris e representante da Ong no Consello Económico e Social da ONU. Na actualidade estou xubilado e fago colaboracións en revistas, publicacións e Foros Internacionais de análises política ou sindical.