Veciños abarrotan o pleno do Concello de Moraña para pedir a retirada dun parque eólico

Todos os grupos apoian unha moción an que se rexeita un polígono eólico que afecta á parroquia de Amil.

Por Galicia Confidencial | Moraña | 07/03/2023 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Veciños de Amil, no concello de Moraña, abarrotaron o salón de plenos para asistir ao pleno extraordinario que eles mesmos solicitaron para abordar a situación dos tres polígonos eólicos que amenazan con rodear esta parroquia e que afectan tamén aos veciños concellos de Barro, Pontevedra e Campo Lameiro.

Veciños de Amil, en Moraña, asisten ao pleno que votou en contra do parque eólico previsto nesta parroquia
Veciños de Amil, en Moraña, asisten ao pleno que votou en contra do parque eólico previsto nesta parroquia | Fonte: remitida

Tras a intervención dos propios veciños e dos grupos municipais, o pleno decidiu aprobar unha moción co apoio de todos os partidos no que se amosa o rexeitamento deste concello a este novo polígono eólico, concretamente dos parques eólicos de Anduriña e Acibal. 

Ademais, o pleno instou ao alcalde para que emita unha providencia á arquitecta do concello para que faga un informe a cerca do Parque eólico Zudreiro e que se conteste a petición da Consellería en prazo. 

Na resolución todos os grupos amosaron o apoio á veciñanza nas accións que os afectados 

e as afectadas poidan emprender de cara a evitar que a instalación de dito polígono 

se leve a cabo. "Alcalde, Concelleiros e  Concelleiras, actuais e futuros, pedímosvos  que  defendades  sen  complexos  os  intereses  da  veciñanza  a  quen representades, por enriba dos intereses de proxectos empresariais que só veñen a aproveitarse  dos  nosos  montes,  proxectos  que  cambiarán  para  sempre  a  nosa calidade  de  vida  e  afondarán  sen  dúbida  no  despoboamento  do  concello", recollía o escrito que remataba cun "pan para hoxe e fame para mañán.  Moraña non pode ser terra de sacrificio. Amil sen eólico".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta