A Xunta recoñece tres interesados máis no proxecto de Altri e dá 10 días para consultar o expediente

A comparecencia para coñecer o contido íntegro deste expediente deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Secretaría Xeral de Industria, situada no edificio administrativo de San Caetano

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2025 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a outro tres persoas como interesadas no proxecto que Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei e dálles 10 días hábiles para a súa consulta.

Tras diferentes resolucións nas últimas semanas nas que emprazaba a centenares de persoas a acreditar a súa condición de interesado no proxecto, a Xunta emitiu un anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) este venres para comunicar esta decisión tras tentar notificar, sen éxito, esta decisión a través do servizo de Correos.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro deste expediente deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Secretaría Xeral de Industria, situada no edificio administrativo de San Caetano.

O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Iglesias, asina este aviso no que figura un anexo cos nomes dos interesados.

Proposta de cinto verde en torno a megacelulosa, proposta por Altri
Proposta de cinto verde en torno a megacelulosa, proposta por Altri | Fonte: Remitida - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta