8M.- Inauguran exposición sobre mulleres consideradas "tolas" por transgredir os roles de xénero

Son documentos cedidos polo Sergas do Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 17:27

Comparte esta noticia

O Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago, inaugurou este mércores, 8 de marzo, unha exposición que exhibe 57 documentos antigos do Hospital Psiquiátrico de Conxo tratando a mulleres como enfermas por transgredir os roles de xénero.

Trátase da mostra 'Voces esquecidas. As mulleres do Hospital de Conxo', elaborada con arquivos cedidos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) e enmarcada na serie 'Mulleres Sobranceiras', que se organiza cada ano con motivo do Día da Muller.

Son 57 pezas --fotografas, actas de ingresos, diagnósticos, historias clínicas e, mesmo, correspondencia-- que recollen o relato de persoas que estaban internas neste centro sanitario posto en marcha en 1885 por cuestións que na época considerábanse enfermidades mentais.

A exposición, segundo informa a Xunta, busca visibilizar a dobre estigmatización destas 'pacientes' por ser mulleres e estar tratadas como tolas. 

Mulleres ingresadas no hospital psquiátrico de Conxo en 1977
Mulleres ingresadas no hospital psquiátrico de Conxo en 1977 | Fonte: iariodeunmedicodeguardia.blogspot.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta