Persoal de grandes almacéns mobilízase ante a subida salarial "insuficiente" e por "un convenio galego"

A CIG lamentou "a actitude" dun empresariado que "obtivo beneficios millonarios

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2023 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

Persoal dos grandes almacéns concentráronse este venres na Coruña, Lugo e Vilagarcía de Arousa, convocado pola CIG e coincidindo coa negociación do convenio estatal do sector en Madrid, para reclamar "un acordo digno" e reivindicar "a necesidade dun convenio galego".

Deste xeito, o sindicato denunciou nun comunicado que a patronal "continúa ofrecendo unha subida salarial insuficiente" e "mantén a súa negativa a eliminar o traballo en domingos e festivos".

A CIG considerou "insuficiente" a proposta de incremento de soldos do empresariado, que "sería dun 13% no total do cinco anos de vixencia do convenio --2022 a 2026--. Así, reclamaron unha cláusula de revisión salarial conforme ao IPC.

Nesta liña, explicaron que tamén "se pretende incorporar ao convenio os contratos fixos descontinuos, cun máximo de 120 días de traballo ao ano, dos que 90 serían seguidos e os outros 30 en dous períodos". Deste xeito, a central sindical lamentou "a actitude" dun empresariado que "obtivo beneficios millonarios nos últimos anos, sobre todo durante a pandemia".

Persoal dos grandes almacéns concentrados este venres en Lugo.. CIG
Persoal dos grandes almacéns concentrados este venres en Lugo.. CIG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta