O temporal costeiro dá un respiro e baixa a alerta de laranxa a amerela

Espéranse ondas de entre catro e cinco metros na costa atlántica e cantábrica

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2023 | Actualizada ás 18:48

Comparte esta noticia

O aviso meteorolóxico polo temporal costeiro que permanece activo desde este luns baixará de laranxa a amarelo a partir de primeira hora deste martes, cando se espera que melloren as condicións de ondada en todo o litoral galego.

Segundo as predicións de Meteogalicia, espéranse ondas de entre catro e cinco metros na costa atlántica e cantábrica, polo que o aviso pasará a ser amarelo a partir das 06,00 horas despois de estar activo en cor laranxa durante todo este luns.

O temporal deixou fronte á costa da cidade da Coruña ondas de máis de cinco metros, valores que se rozaron en cabo Silleiro, no sur de Pontevedra, segundo os medidores de Portos do Estado.

Tamén foi unha xornada de fortes ventos tanto no litoral como no interior, con refachos de máis de 100 quilómetros por hora en puntos da Mariña luguesa e zonas montañosas das provincias de Lugo e Ourense.

Arquivo - Grandes ondas no mar na costa de Ferrol. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Grandes ondas no mar na costa de Ferrol. Raúl Lomba - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta