Durmir non é sinónimo de descansar

Segundo o informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) preto do 40% da poboación mundial durme mal e sofre algún tipo de trastorno do sono

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Con motivo do Día Mundial do Sono, -que se celebra o 17 de marzo-, e conscientes da necesidade de cambiar a maneira en que descansamos así  como de  coidar a saúde das  persoas, NOZZEO, especialistas  en descanso personalizado, realizará este venres un estudo postural gratuíto tódalas persoas que queiran comprobar a calidade do seu sono así como coñecer algúns consellos que poden seguir na casa para descansar mellor. As persoas interesadas poderán achegarse as instalacións de NOZZEO no Restollal (Santiago de Compostela)ó longo do venres en horario ininterrompido, entre as 10:30h e as 20h, e atenderase por orde de chegada.

José Antonio Ares,  Ceo e especialista en NOZZEO - cedida
José Antonio Ares, Ceo e especialista en NOZZEO - cedida

A sociedade xa é consciente da importancia do exercicio físico regular ou dos beneficios dunha alimentación saudable pero aínda non se lle presta a suficiente atención á calidade do sono. De feito, segundo o informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) preto do 40% da poboación mundial durme mal e sofre algún tipo de trastorno do sono.

Descansar é esencial para o bo funcionamento cognitivo, o rendemento físico, a mellora do estado de ánimo ou a regulación do estrés diario, entre outros beneficios que fan fundamental prestar atención ó descanso e prever a aparición de trastornos asociados o sono. Non durmir ben ou facelo en malas condicións altera as funcións do organismo ou reduce a esperanza de vida. 

DURMIR NON SIGNIFICA DESCANSAR

Hai moitos factores que afectan á calidade do sono e moitos deles son hábitos que se poden  controlar. “Establecer un horario fixo para irnos a cama, cenar lixeiro, evitar estimulantes polo menos dúas horas antes de deitarse pero tamén ser conscientes da maneira en que durmimos. Unha postura incorrecta durante o descanso fai que a nosa columna vertebral se dispoña mal, aumentando o movemento nocturno e creando así tensións musculares e nerviosas. Dispoñer dun sistema de descanso adecuado e prestar atención a calidade dos materiais e tecidos influirán moito no noso confort e benestar á hora de descansar”, afirma José Antonio Ares, Ceo e especialista en NOZZEO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta