Os encoros galegos case ao 80% da súa capacidade, un 27% sobre a media estatal

A reserva hídrica galega conta nestes momentos cun total de 2.882 hectómetros cadrados de auga, o que supón un 29,4% máis que a estas alturas o ano pasado e 1,35% máis que hai 10 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2023 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

Os encoros galegos sitúanse ao 77,9% da súa capacidade, o que supón un 26,7% máis que a media do Estado, segundo os datos publicados este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o reto demográfico.

A reserva hídrica galega conta nestes momentos cun total de 2.882 hectómetros cadrados de auga, o que supón un 29,4% máis que a estas alturas o ano pasado e 1,35% máis que hai 10 anos.

De maneira detallada, Galicia-Costa, ao 78,36% da súa capacidade, conta con 536 hectómetros de auga recolleitos. Isto supón unha cifra un 13% superior ao ano pasado e apenas un 3,5% por baixo que hai 10 anos.

Pola súa banda, a conca do Miño-Sil ten embalsados 2.346 hectómetros cúbicos de auga, fronte aos 1.588 de hai un ano e os 2.283 de hai unha década.

A nivel nacional, a reserva hidráulica perdeu esta semana 435 hectómetros cúbicos, o que supón o 0,8% da capacidade total. Así, na actualidade os encoros están ao 51,2%, con 28.730 hectómetros cúbicos almacenados.

Un batuxo, embarcación tradicional do río Miño, nas augas do río en Portomarín / Europa Press / Europa Press
Un batuxo, embarcación tradicional do río Miño, nas augas do río en Portomarín / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta