A princesa de Asturias, Leonor, tamén pasará pola Escola Naval de Marín

Nos próximos tres anos estará no Exército de Terra, a Armada e o Exército do Aire, como o seu pai.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 15/03/2023 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) recolle na súa edición deste mércores o plan de formación militar "específica" da Princesa Leonor, que arrincará o próximo curso na Academia Xeral de Zaragoza para pasar no seguintes tres anos polo tres exércitos das Forzas Armadas, do mesmo xeito que fixo o Rei Felipe V.

A formación militar dotará á herdeira ao trono dunha "robusta formación enfocada ao seu compromiso de permanente servizo a España e os españois", sinala a ministra de Defensa, Margarita Robles, no real decreto que regula a formación e carreira militar de Dona Leonor, e que foi aprobado este martes polo Consello de Ministros.

Actualmente completando o seu segundo curso de Bacharelato en Gales, a Princesa de Asturias iniciará a súa instrución militar a finais de agosto ou principios de setembro deste ano en Zaragoza, onde levará a cabo o primeiro curso ata a xura de bandeira, para seguir logo co segundo curso, segundo explicou a titular de Defensa.

Así o especifica o BOE, que confirma que no segundo ano incorporarase ao terceiro curso da Escola Naval de Marín,  e tamén se embarcará no buque escola Juan Sebastián Elcano, mentres que o terceiro ano realizará o cuarto curso na Academia Xeral do Aire e o Espazo, en San Javier (Murcia).

A Princesa de Asturias, Dona Leonor, e o Rei Felipe VI nos Premios Princesa de Asturias 2022
A Princesa de Asturias, Dona Leonor, e o Rei Felipe VI nos Premios Princesa de Asturias 2022 | Fonte: Jorge Peteiro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta