O prazo de matrícula para as escolas infantís públicas abre este venres

Permanecerá aberto ata o 5 de abril e inclúe as 40 prazas da nova escola da Cidade da Xustiza de Vigo

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 16/03/2023 | Actualizada ás 12:32

Comparte esta noticia

O prazo de matrícula nas escolas infantís públicas dependentes da Administración autonómica para o curso 2023-2024 arrinca este venres e permanecerá aberto ata o próximo 5 de abril. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta.

Así o anunciou a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, este xoves durante unha visita á escola infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela, onde destacou que os pais poderán solicitar unha das 10.500 ofertadas desde este venres ata o próximo 5 de abril.

A conselleira lembrou que Galicia se converteu o ano pasado na primeira comunidade en facer gratuítas todas as escolas infantís, independentemente da súa titularidade, durante oito horas ao día e 11 meses ao ano. Segundo indicou, esta medida beneficia a 31.000 familias que aforran ao redor de 2.000 euros ao ano e na que a Xunta inviste máis de 55 millóns ao ano.

Fabiola García destacou como novidade para o próximo curso a apertura da escola infantil pública autonómica da Cidade da Xustiza, en Vigo, que ofrecerá 40 prazas novas de atención para os traballadores deste centro.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, na gardaría infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela
A conselleira de Política Social, Fabiola García, na gardaría infantil de Santa Susana, en Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta