O Concello da Coruña abre o prazo para optar á primeira Residencia de Conciliación para nais escritoras.
Comezou no oficio con 14 anos, cando as condicións laborais deixaban moito que desexar. Volveu a el tras 15 anos traballando en fábricas conserveiras pola gran vantaxe que ten ser redeira: a conciliación. Agora, aos seus 42 anos, enfróntase a un futuro incerto cun sector do mar en declive. "Mentres existan mariñeiros que saian faenar, existirán redeiras para reparar as súas redes". A pregunta é: ata cando existirán mariñeiros?
  comenta   0
Dende Galicia Confidencial falamos con Patricia, mestra da EEI de Rubiós, que asegura que hai moitos proxenitores aos que lles encanta o modelo educativo das escolas unitarias pero que non poden levar a elas aos seus fillos pola falta de servizos de conciliación.
  comenta   0
O obxectivo destas axudas é facilitar a conciliación ás familias con nenos de ata 13 anos de idade, nas que os dous proxenitores traballan, ou un único proxenitor, no caso das familias monoparentais.
  comenta   0
Sobre a soidade non desexada, indicou que un 4 % da poboación española vive soa e que esa porcentaxe se dispara ao 40 % no caso de persoas de 80 anos, o que "obriga ás administracións a pór en marcha políticas que integren a estas persoas a través dunha rede de servizos".
  comenta   0
En todo caso, advirte de que "son cuestións que non se fan dun día para outro, nin un ano para outro", senón que son "a medio e longo prazo".
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicará este martes a nova convocatoria destas axudas, que poderán solicitarse a partir do mércores e ata o 17 de outubro.
  comenta   0
Esta nova edición do Programa Deportivo de Verán conta con catro actividades deportivas: O Campamento Deportivo de Verán, O XVIII Campus de Fútbol Cidade de Monforte-Real Club Celta de Vigo, Cursos de natación na Piscina climatizada municipal e Curso de Tenis.
"O seu obxectivo é facilitar a conciliación das familias que teñen fillos e fillas menores de 16 anos ao seu cargo a través do fomento do emprego de calidade e da posta en marcha de servizos de coidados profesionais", asegurou a portavoz do Goberno e ministra de Educación, Pilar Alegría.
  comenta   0
Segundo explicou o delegado de UGT, Álvaro Lois, levan "tres anos" tratando de pechar un novo convenio colectivo que se adapte á situación actual, con melloras salariais, modificacións no sistema de traballo e medidas de conciliación.
  comenta   0
No pleno tamén se aprobaron, entre outras, mocións para a rexeneración urbana da zona vella e de fomento da lactación materna.
  comenta   0
A ansiada consolidación, a conciliación, o futuro da investigación, a divulgación... Foron nove as mulleres científicas que abordaron esta cuestión durante estes dous meses.
  comenta   0
Os responsables do programa do PPdeG reuníronse nos últimos días con representantes do Secretariado Xitano e do colectivo musulmán en Galicia par escoitar as súas achegas e concretar demandas.
  comenta   0