Por Galicia Confidencial | Allariz | 06/02/2024 | Actualizada ás 09:30
Carlos Puga e Sara Pato, concelleiro de Deportes e a xerente de Ociosaugal respectivamente, presentaron días atrás a actividade que organizarán as dúas entidades en colaboración.
"Campus multideporte Concello de Allariz" realizarase no pavillón municipal, localizado onde o CEIP Padre Feijóo, do 25 ao 27 de marzo en horario de 10:00h ás 13:30h. Para participar nesta actividade os nenos e nenas deberán ter entre 3 e 12 anos, (nados entre o 2012 e o 2020).
Tamén se ofertará un servizo de madrugadores, se hai un mínimo de demanda, para aquelas familias que o soliciten, con custe a maiores do prezo do campus.
O prezo do campus é de 50€ por neno/a, sendo este menor (35€) para os empadroados/as en Allariz.
FAVORECER A CONCILIACIÓN
Carlos Puga, concelleiro de Deportes, sinalaba a importancia de contar con estas actividades para que as familias podan conciliar durante os períodos de vacacións escolares.
Sara Pato, xerente de Ociosaugal, puxo en valor a actividade e agradeceu ao Concello de Allariz a colaboración para desenvolver este campus.
MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A ACTIVIDADE E INSCRICIÓNS
Para máis información sobre a actividade pode consultarse a web de Ociosaugal, páxina na que tamén se poden formalizar as inscrición ao campus.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.