A Xunta espera maior abundancia de mexilla "en abril ou maio" e di entender a bateeiros e percebeiros

Insiste en que foi un ano "excepcional" debido ás choivas que houbo e que provocaron "pouca fixación" da mexilla

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 17/03/2023 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, manifestou este venres que espera que "as predicións dos científicos" avalen que "en abril ou maio" sexa maior a abundancia de mexilla nas rochas da costa galega e asegurou que comprende as demandas tanto dos 'bateeiros' como dos 'percebeiros', á vez que recoñeceu que nestes momentos "o nerviosismo é moito".

"É unha situación complicada, as dúas partes necesitan das rochas para poder desenvolver o seu futuro. Este é un ano excepcional no que houbo pouca fixación de mexilla ata o momento. Todo apunta a que a partir do mes de abril ou maio vai aparecer máis fazula fixada nas rocas", augurou.

En declaracións aos medios , Quintana asegurou que entende o "nerviosismo" do sector 'bateeiro' que necesita da mexilla para "poder seguir desenvolvendo o seu cultivo", pero tamén dixo entender ao colectivo de 'percebeiros' que "necesitan ter esas rochas resgardadas para conservar o seu futuro".

Neste contexto, a titular de Mar explicou que este xoves mantivo outra reunión con representantes das federacións de confrarías nunha mesa de traballo na que asegurou que tentan buscar a "compatibilidade" entre as dúas actividades.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en declaracións aos medios antes de presidir o Consello de Pesca
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en declaracións aos medios antes de presidir o Consello de Pesca | Fonte: Europa Press

Así mesmo, insistiu en que estamos ante un ano "excepcional" debido ás choivas que houbo, o que provocou "a pouca fixación de mexilla", pero afirmou que hai "boa disposición das dúas partes" que "queren sentar a dialogar" e "buscar unha solución pacífica" para ambos.

"NON HAI PRAZOS"

Cuestionada sobre se a administración autonómica ten algún prazo para ofrecer unha solución ás partes, Quintana sinalou que "prazos non hai" porque se atopan "avaliando as zonas é as que menos dano se lle poida causar ao percebe" para poder abrila á extracción de mexilla.

MANIFESTACIÓN 'PERCEBEIROS'

Este mesmo venres, 'percebeiros' manifestáronse nas inmediacións da xefatura comarcal da Consellería do Mar do municipio coruñés de Ribeira para defender as zonas nas que desenvolven a súa actividade.

Entre as súas demandas, esixen o cumprimento da normativa actual e que se respecten "escrupulosamente" os plans de xestión do percebe. O colectivo denuncia que a Consellería "cedese ás presións do sector 'bateeiro'" e de maneira "unilateral" inclúa a posibilidade de "saltarse" a normativa aprobada na xestión de recursos marisqueiros e pesqueiros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta