Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2023 | Actualizada ás 15:31
Axentes da Policía Nacional da comisaría de Ferrol-Narón detiveron o pasado luns, 13 de marzo, a dous homes e a unha muller acusados de traficar con sustancias estupefacientes.
A investigación iniciouse o pasado ano, a través de contactos cidadáns, nos que informaban da existencia dun punto de venda de drogas nunha coñecida rúa de Ferrol, nas proximidades dun colexio.
En concreto, os arrestados utilizaban un piso e un punto de venda próximo a un parque infantil e a unhas pistas deportivas, lugar ao que acudían diariamente varios mozos para adquirir a droga. No momento da detención, un dos apresados portaba 17 envoltorios de haxix dun gramo, preparadas para a venda.
Tras o seu arresto, procedeuse ao rexistro do inmoble onde ocultaban o resto da droga, intervindo máis de 1.600 gramos de haxix, unha balanza de precisión, 1.240 euros en billetes pequenos e un vehículo de alta gama.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.