A Catedral de Santiago recupera o toque manual das campás

Traballouse en lograr reproducir o chamado 'repique francés', unha forma de tocar tradicional e propia da basílica compostelá

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/03/2023 | Actualizada ás 16:53

Comparte esta noticia

Con motivo da solemnidade de San Xosé, que este ano se celebra o día 20 de marzo ao coincidir o día 19 co cuarto domingo de Coresma, a Catedral de Santiago recuperou o toque manual das súas campás, grazas á colaboración da Asociación Campaneiros de Galicia.

Segundo informou a Fundación Catedral, durante as últimas semanas levou a cabo un traballo de análise e probas dos toques manuais tradicionais, en gran parte grazas aos descendentes de Ricardo Fandiño, último campaneiro da catedral.

En especial, traballouse en lograr reproducir o chamado 'repique francés', unha forma de tocar tradicional e propia da basílica compostelá, en desuso desde 1970. Trátase dunha maneira de tocar semellante á que se fai na Catedral de Jaca (Huesca), que precisamente chegou a Compostela a través do Camiño Francés.

A torre sur da fachada do Obradoiro, alberga un total de 7 campás monumentais, ademais do campanil, composto por outro sete campás máis pequenas. Historicamente, cada unha delas desempeña unha función concreta, con diferentes toques relacionados con cada momento do día e a súa liturxia.

A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela
A Praza do Obradoiro, coa Catedral de Santiago de Compostela | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta