Así será a nova base aérea transfronteiriza de loita contra incencios

O DOG publica este martes a orde pola que se aproba con carácter definitivo o proxecto e declárase de utilidade publica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2023 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a orde pola que se aproba con carácter definitivo o proxecto de construción e declárase a utilidade pública e a urxente ocupación e expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados pola construción dunha base de medios aéreos transfronteiriza no marco do Proxecto Interlumes, nos municipios de Verín e Oímbra.

En concreto, as obras consisten na construción da primeira base de avións transfronteiriza para o reforzo da capacidade operativa de resposta na extinción de incendios forestais, co obxectivo de consolidar os mecanismos de cooperación na fronteira hispano-lusa a favor da cohesión territorial e da constitución dunha organización de resposta conxunta na xestión de emerxencias entre rexións en materia de incendios.

Esta base caracterízase pola súa adecuación a aeronaves especializadas en extensión, tanto avións de carga en terra como helicópteros e, mesmo, avións anfibios, polo que estará dotada con distintos tipo de depósitos de carga en terra.

Con categoría 2 de aeródromo, contará cunha superficie de 23 hectáreas e estará dotada dunha pista de 1.200 metros de lonxitude e 30 metros de ancho, con 15 metros a cada lado de superficie acondicionada.

En cada extremo da plataforma de rodaxe instalaranse balizas luminosas e haberá un hangar con capacidade para seis avionetas de carga en terra. Así mesmo, ademais dunha construción duns 300 metros con estancias individuais para a tripulación, a base estará dotada de tanques de combustible cunha capacidade mínima de 40.000 litros.

Tamén contará cunha motobomba para un caudal mínimo superior a 350 litros por minuto. Ademais, haberá equipos de extinción compostos por tres depósitos de auga e por unha rede de hidratantes (bocas de incendio).

A Xunta lembrou que a para financiar a iniciativa Interlumes, na que tamén participa o Goberno portugués e outras institucións de Galicia, Castela e León e Estremadura, prevese un investimento total de máis de 9 millóns de euros.

Recreación de como vai ser a base aérea transfronteiriza contra os lumes
Recreación de como vai ser a base aérea transfronteiriza contra os lumes | Fonte: recreación entrelumes

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta