Bugallo defende o proxecto da Casa da Xuventude: "É unha moi boa solución e cun custo inferior a derrubala"

Terá un auditorio con 250 localidades e un coworking

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/03/2023 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, defendeu o proxecto presentado este venres para a Casa da Xuventude, situada na Praza do Matadoiro da capital galega, que compartirán coa Deputación da Coruña e que incluirá dependencias de ambas as institucións, un auditorio que poderán usar os veciños e un coworking especializado en proxectos de metaverso.

Tras as críticas da oposición, o rexedor asegurou que se atopou unha "moi boa solución" e, ademais, "cun custo inferior ao que tería derrubar o edificio". Nesta liña, reprochou a Compostela Aberta e ao BNG que non presentasen "ningunha proposta" neste catro anos. Neste sentido, recoñeceu que "a única proposta concreta" foi a do PP, "que condicionaba o seu apoio aos orzamentos ao seu derrube".

Así, en declaracións aos medios este sábado, argumentou que o Concello buscou socios para levar a cabo esta operación. En primeiro lugar, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), "que ao final non frutificou", pero finalmente "houbo unha solución moi boa, que é o acordo coa Deputación".

Segundo o alcalde, isto permitirá aos veciños dispor dun salón de actos con 250 localidades para eventos, que alí traballen persoas "que van dar vida á zona", permitirá un coworking no que "os mozos poden empezar o seu camiño como emprendedores", así como unha planta cun espazo "que en principio é titularidade do concello e que iso si que decidirá a próxima corporación que uso lle dá".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, en rolda de prensa | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta