Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2023 | Actualizada ás 19:39
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou ao novo ministro de Sanidade, José Miñones, que antes de abandonar o posto de delegado do Goberno en Galicia dite o arquivo da sanción imposta a un home que pediu ser atendido en galego nun cribado telefónico contra o covid-19.
Nun comunicado, A Mesa lembra que estes feitos foron denunciados en abril de 2021 no municipio coruñés de Rianxo e derivaron nunha multa de 600 euros contra este cidadán que foi recorrida pola entidade en defensa dos dereitos lingüísticos.
Agora, ante a designación de Miñones para formar parte do Consello de Ministros, A Mesa pide a anulación desta sanción na que, segundo denunciou o presidente da entidade, Marcos Maceira, a Delegación do Goberno "deu absoluta validez a un expediente policial onde se afirma sen rubor que o dereito á atención en galego non existe e que se dea por válida unha actuación baseada na negativa dese dereito".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.