Pontón advirte que os "feitos falan por si sós" en canto a un eventual pacto de PP e Jácome tralo 28M

Sinala que son a única formación "que garante que non vai gobernar nin Jácome nin o Partido Popular"

Por E.P. | Ourense | 28/03/2023 | Actualizada ás 19:09

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, volveuse a pronunciar este martes sobre un eventual pacto entre o Partido Popular e o actual rexedor ourensán, Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, para advertir de que "os feitos son os que mellor falan".

"Fai catro anos o PP dicía que Jácome ía ser letal para a cidade e por manterse na Deputación (de Ourense) non lles importou sacrificar a cidade", manifestou, para, a continuación, engadir que "se o fixeron fai catro anos volverano a facer despois do 28 de maio se o necesitan".

Deste xeito, esgrimiu que ao Partido Popular "só lle interesa manter o poder polo poder", por iso expuxo que a cidadanía "ten a oportunidade de abrir unha etapa nova e diferente" na cidade cun goberno liderado polo BNG porque "somos a única formación que garante que non vai gobernar nin Jácome nin o Partido Popular".

"Somos a garantía de que a dereita, nunha versión ou noutra non, vai gobernar nesta cidade. Dicímolo con claridade e cunha convicción, temos un proxecto ilusionante que ofrecer aos veciños de Ourense", prometeu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: César Argina - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta