Dous accidentes de tractor deixan dous feridos no Saviñao e Mos

Ambos necesitaron axuda para ser liberados

Por Europa Press / Redacción | Galicia | 28/03/2023 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Dous homes resultaron feridos na tarde deste martes en senllos accidentes con tractores rexistrados nos municipios do Saviñao (Lugo) e Mos (Pontevedra). Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente de Chantada tivo lugar ás 17,30 horas nunha leira do lugar de Valiñocovo, ata onde se desprazou o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias 061.

O ferido atopábase atrapado por un brazo baixo a fresa do vehículo despois de que este envorcase, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Chantada para libelarlo e que puidese ser evacuado polos profesionais sanitarios.

Horas antes, ao redor das 13,15 deste martes, outro home sufriu un accidente ao caer desde uns dous metros de altura co tractor que manexaba. Neste caso, un grupo de persoas que se atopaba no lugar dos feitos --o lugar de Casalmorto, en Pereiras-- axudou ao ferido a saír de debaixo do tractor. Unha vez liberado, o tractorista foi evacuado en ambulancia ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Sede 112
Sede 112 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta