O Sergas publica as listas temporais de persoal estatutario do ámbito da biblioteconomía e documentación

Resultaron admitidas 142 persoas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/03/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores a relación provisional coa orde de prelación e a puntuación obtidas polas persoas admitidas no primeiro proceso de elaboración das listas de selección temporal de dúas categorías: bibliotecario e técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación.

Diso informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, no que detalla que resultaron admitidas 142 inscricións. A categoría con máis aspirantes é a de técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación, con 76 admitidos. É o primeiro proceso de listas para estas categorías.

A selección de aspirantes efectuouse segundo o disposto na Resolución do 13 de xuño de 2016, pola que se aproba o Pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia.

Está en tramitación o Decreto de creación destas dúas categorías de bibliotecario e técnico de grao medio en biblioteconomía e documentación. A Xunta indicou que, sen prexuízo desta próxima aprobación, publícanse este martes as listas de admitidos e excluídos provisionais nestas categorías, co obxectivo de contar con profesionais dispoñibles para a contratación temporal.

Estudantes nunha bibliotecas
Estudantes nunha bibliotecas | Fonte: Gabriela Prada

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta