A CIG recoñece que os "ánimos están quentes" entre os traballadores da recollida do lixo en Padrón

Na madrugada deste xoves, varios lumes calcinaron unha vintena de colectores nunha decena de lugares do municipio, sen deixar danos persoais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2023 | Actualizada ás 19:39

Comparte esta noticia

O portavoz de CIG-Servizo Roberto Alonso recoñece a Europa Press que "os ánimos están caldeados" no conflito do lixo de Padrón, despois de tres días de folga e á espera de que a empresa lles chame para manter unha reunión.

Na madrugada deste xoves, varios lumes calcinaron unha vintena de colectores nunha decena de lugares do municipio, sen deixar danos persoais.

Para as 19,30 horas está convocada unha concentración ante o Concello, coincidindo coa celebración do pleno municipal. A protesta busca visibilizar as demandas dos traballadores e denunciar tamén os servizos mínimos que consideran "abusivos".

Os representantes dos traballadores denuncian a "parálise" do convenio colectivo do centro de traballo, que, segundo indica a central nacionalista, leva sen negociarse desde 2015.

Estas "parálises", engade, está "provocada pola precariedade do contrato da concesión administrativa, que se renovaba de mes en mes co consistorio, o cal imposibilitaba a negociación". O pasado xullo entrou FCC Medio Ambiente e despois de varios encontros "non se chegou a acordo".

Contedor lixo Padrón
Contedor lixo Padrón | Fonte: CIG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta