PSdeG, Anova, Podemos, BNG, CxG ou EU, xuntos na defensa do galego

Todos os partidos, agás o PPdeG, secundan unha gran mobilización en defensa do idioma. Máis de 20.000 persoas participaron na marcha convocada por Queremos Galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2015 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

Unidade total de todos os grupos políticos en defensa do galego. Estaban todos, grandes e pequenos, de esquerda, nacionalistas e independentistas. Só, unha grande ausencia, a do Partido Popular. Dirixentes do PSdeG, BNG, Anova, EU, CxG, Equo, Ecosocialistas, Cerna e integrantes de Causa Galiza, ademais de entidades como AGAL, a Mesa ou Prolingua, entre outros, percorreron este domingo as rúas de Compostela para defender o galego.

Manifestantes na protesta de Queremos galego
Manifestantes na protesta de Queremos galego

A manifestación, convocada por Queremos Galego, foi unha mostra da importancia que o idioma ten, aínda, para gran parte da sociedade galega, agás para a Xunta e o PPdeG. De feito, esta protesta chega logo de coñecerse, hai unhas semanas, unha enquisa do IGE que apuntaba que, tan só, un 13% de nenos fala habitualmente en galego.

Por iso, este domingo, os protagonistas eran eles, os máis pequenos. Oito deles encabezaban a manifestación cunha gran faixa na que se lía "Por nós", en consonancia co lema da protesta; "Polas fillas dous nosos fillos, Queremos Galego".

Tras o percorrido por rúas do centro da cidade, os manifestantes concentráronse na praza da Quintana, na contorna da Catedral, onde foi lido un manifesto no que se lembraban os datos desa enquisa do IGE, que constata a mala situación de uso na que se atopa o idioma.

Para Queremos Galego, esta enquisa reflicte a realidade de que en Galicia resulta "imposible vivir en galego con normalidade". "Na práctica o galego non funciona como lingua oficial e, unha vez máis, o Goberno galego está empeñado en desmontar esa oficialidade formal que se conseguida froito da mobilización da sociedade no seu conxunto", denunciou o portavoz deste entidade, Marcos Maceira.

Manifestación de Queremos Galego en Santiago
Manifestación de Queremos Galego en Santiago

Neste sentido, considerou que esta macha foi "unha multitudinaria demostración da unidade do pobo galego ao redor da súa lingua", "unidade que o Goberno do Partido Popular en Galicia pretende romper".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 73 comentarios

21 Undaí

A pesares das malas noticias, e augurios pesimistas, sobre a lingua galega, emociona ver como os galegos defenden con dignidade a lingua dos atques destes crápulas horteras. Unha pena que moitos coma min, debido a distancia, non poidesemos asistir á manifestación.

1 El pequeño Nicolás

Es una pena que no pudieras venir, pequeño saltamontes coreano. Te perdiste la polvada de San Lorenzo. ¡Qué gustoso, qué gustoso, todos empapados y resbaladizos de aceite de pulpo! ¡Qué sado con la pareja despistada de espanholeiros que localizamos en los alrededores !

2 Undaí

Ghoder tío!!! que ben o fas utilizando ese Nick para burlarte desa tribu nazionalcatólica ao estilo Torrente que ben os caracteriza. A verdade e que deches no clavo. Non hai personaxes máis ignorantes e cheos de perxuizos. Parabéns pola ocurrencia

3 El pequeño Nicolás

Ghracias. Nom se merecem tantos eloghios, pequeno asaltamontes.

20 fora cós midia propagandistas

unha das mentiras que vos credes os que consumides midia espanhois é que o galego é un gasto, cando a verdadeira lingua subvencionada é o espanhol. Todo ven en espanhol e non se discute, logo se hai que por algo en galego preguntamos canto custa. As televisións, incluso as privadas aliméntasne dos nosos cartos e venhen en espanhol sen discusión, incluso na GZ cartos da promoción do galego van para jornais que promocionan o espanhol. Para os consumidores deses midia, o horizonte é en espanhol. Fora cás subvencións á lingua espanhola. GZ ceibe.

1 El pequeño Nicolás

Mi estimada Ana, también te has acostado hoy un poco mentirosa: el español no sólo no nos cuesta un duro, sino que aporta un 15 % del PIB español. http://telos.fundaciontelefonica.co...@idarticulo=4&rev=69.htm

2 vai ranhala Neal

No "español no nos cuesta un duro" conta o de Enrique Iglesias...?

3 El pequeño Nicolás

Raño lo que tú quieras, meu filliño, pero no sé que tendrá que ver Enrique Iglesias con el español, fuera de que es su idioma como lo es el mío y el de la mayoría de los españoles, incluidos los gallegos.

4 fora con este parvo tanbem

todo um sucesso para se integrar na GZ o dos nacionalistas espanhois

5 la Coz, el Chorreo, etc..

Se o espanhol fosse rentável nom haveria que estar a subvencionar os jornais em espanhol com milhões e milhões de euros cada ano..

19 Ana

Podo enteder que haxa persoas que non queiran falar unha lingua, pero o que non entenderei xamais é que haxa xente que odie unha lingua. Eu ,por exemplo, non falo catalan nin ruso pero non odio esas linguas nin desexo que desaparezan. O mesmo que temos que coidar patrimonio como o Camiño de Santiago tamen hai que coidar as linguas que son tamen patrimonio. E a unica forma de coidar unha lingua e garantindo a sua presenza no ensino, medios de comunicacion, empresas, cinema, xustiza, etc. Non basta con pedir que se fale na familia, hai que garantir a sua presenza en todolos ambitos.

1 El pequeño Nicolás

Mi querida Ana, observo que hoy te has levantado un poco totalitaria. Impón tu idioma en tu familia o en tu entorno social, y deja a los demás gallegos en paz con su libertad lingüística respecto de las lenguas que en cada momento históricos deban ser oficiales..

18 Ana

O galego non so é o noso principal patrimonio que temos como pobo, senon que tamen é unha fonte de riqueza que se poderia aproveitar de existir un goberno e empresarios dispostos a mirar cara o mundo da lusofonia (Portugal, Brasil,etc) a hora de abrir mercados ou potenciar ali a nosa cultura. Se o catalan fose lingua irma do portugues como é o galego, de seguro que os catalans si saberian potenciar as relacions con todolos paises lusofonos e que Catalunya se beneficiase. Temos moito que aprender do pobo catalan, asi como do vasco todolos galegos. Por uhha Galiza con futuro, orgullosa de si mesma e que deixe de emigrar.

1 El pequeño Nicolás

Será una de tus fuentes de riqueza Ana, no lo dudo, pero para los que pagamos impuestos es un drenaje constante y brutal de recursos que estarían mejor dedicados atendiendo a los parados, los dependientes, la enseñanaza, la sanidad, la I+D+i... El país no se puede permitir tantas zarandajas y tanto puesto de trabago inútil y por encima crispante. Y lo de la lusofonía es otra tontería, porque para entendernos con los que hablan portugués es preferible nuestro maravilloso español.

2 teutonio

trabago inútil foi o dos teus mestres de lingua castellana, mimadriña... hai que trollear con mellor ortografía e con máis retranca!

3 alexandre dadas

Tes razón non permitamos que se merque a fundación Cela arruinada pola viuva negra nin seguer pagando Centros Cervantes nas Filipinas

4 alexandre dadas

Tes razón non permitamos que se merque a fundación Cela arruinada pola viuva negra nin seguer pagando Centros Cervantes nas Filipinas

17 un de xinzo

Hai comentarios que dan verdadeiro medo, e outros que cansan polo seu cheiro antigalego, que tristeza de medio, non estades un pouco aburridos?

1 Pastelao

Que maneira tão pouco subtil de chamar a que os editores exerçam a censura. Cumpre ser um pouco mais tolerante.