Por Europa Press / Redacción | Galicia | 31/03/2023 | Actualizada ás 19:59
Críticos coa dirección galega de Podemos agrupados no colectivo 'Rexurdir Podemos' cualificaron de "deslealdade inadmisble" co partido o apoio ao lanzamento da plataforma Sumar da vicepresidenta Yolanda Díaz mostrado polo coordinador da organización en Galicia, Borja San Ramón, e o seu predecesor e deputado no Congreso Antón Gómez-Reino.
Tanto San Ramón como Gómez-Reino confirmaron hai unha semana que acudirán este domingo ao acto de presentación oficial do proxecto político da ministra ferrolá, unha presenza que, para este colectivo crítico perdedor nas primarias celebradas a finais do pasado ano, supón "a impugnación" do partido.
"Entendemos que a súa presenza suporía, en caso de confirmarse, un acto de deslealdade inadmisible posto que suporía a impugnación da posición do noso partido", aseverou este grupo interno de Podemos Galicia nun comunicado remitido aos medios este venres.
En plena incerteza sobre a integración do partido morado en Sumar, 'Rexurdir Podemos' apela á "responsabilidade militante" do máximo representante de Podemos en Galicia e do seu predecesor, aos que advirte do risco de "fractura" do partido na comunidade galega.
Por último, incidiron en que a presenza de San Ramón e Gómez-Reino o vindeiro domingo no lanzamento de Sumar en Madrid "suporía debilitar á dirección estatal en base ao feito de gañar unhas votacións que tiñan como finalidade unha representación de carácter orgánico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.