Denuncian que a Xerencia da Área de Santiago está "obrigando" aos traballadores a facer gardas no Barbanza

A Xunta de Persoal denuncia a "mala xestión" e sinala que convocarán mobilizacións "“para defender os intereses dos seus traballadores/as"

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/04/2023 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

A Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza denuncia a “mala xestión” da Xerencia da Área de Santiago e Barbanza, “co desmantelamento do hospital da Barbanza, coa fuga de facultativos cara outras áreas, e coa precarización dos traballadores desta.”. Indican que a propia Xerencia “para cubrir esta mala xestión”  está a obrigar ós traballadores do distrito de Santiago a cubrir as xornadas de garda no distrito da Barbanza por falta de persoal.

Hospital Barbanza
Hospital Barbanza

Desde a Xunta explican que os traballadores da Área de Santiago veñen sufrindo “esta política de precarización dende hai tempo” e que as solucións tomadas pola Xerencia, levan provocando modificacións substanciais nas condicións de traballo dos/as profesionais de varios Servicios do CHUS, sendo obrigados a desenvolver quendas ou gardas no hospital de Barbanza, omitindo o seu deber de establecer os mecanismos adecuados para ofrecer un alto nivel de calidade asistencial como recolle a lexislación vixente.

O hospital da Barbanza conta cunha plantilla estructural de 10 internistas, para atender a unha media de 60 camas diarias. A Xunta de Persoal denuncia que actualmente a plantilla atópase mermada á metade, debido a mala xestión dos dirixentes da área sanitaria.

Por todo elo, A Xunta de Persoal, como órgano de representación dos traballadores da Área de Santiago e Bardanza, reuniuse o día 9 de marzo e decidiu por unanimidade solicitar ós/ás responsables da área, entre outras cousas, un informe detallado sobre a problemática existente no Servizo de Medicina Interna, así como unha planificación a corto, medio e longo prazo das medidas a tomar para dar solución a esta problemática pero o que recibiu foi un “escueta” comunicacións, onde non se recollen as súas peticións.

Ante isto, sinalan que, tras a reunión mantida hoxe entre os seus membros, convocarán mobilizacións “para defender os intereses dos seus traballadores/as froito da mala xestión dende a Xerencia e que finalmente están a repercutir nos/as doentes”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta