O Concello de Ourense deberá aboar 5,5 millóns á empresa de autobuses urbanos

A empresa UTE Urbanos de Ourense leva dende 2015 traballando de maneira precaria ca concesión xa caducada.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/04/2023 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

O Concello de Ourense deu a coñecer este xoves a sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que desestima o recurso de apelación, presentado polo consistorio, e confirma a sentenza, de instancia, pola que deben abonar á empresa autobuses urbanos de Ourense SL 5,5 millóns de euros.

A administración local deberá abonar á UTE Urbanos de Ourense dita compensación pola prestación deste servizo municipal, entre os anos 2015 e 2018, por sobrecustos ao prestar o servizo coa concesión xa caducada, posto que a empresa presta o servizo en precario desde 2015 ao non ser licitado un novo contrato.

O litixio comezou no ano 2016 cando a empresa prestaba o servizo en precario e presentou un recurso no que reclamaba que o concello lle abonase a compensación económica que cubrise os custos reais do servizo e un beneficio industrial do 6%.

O Xulgado Contencioso Administrativo número 2 de Ourense deulle a razón e fixou en 5,58 millóns de euros a cantidade que terían que abonar. A esa cifra hai que descontar 3,28 millóns xa abonados pola administración local.

O Concello recorreu o auto, pero o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación e confirma que deberá pagar o resto da compensación económica, resultando unha cantidade neta de case 2,3 millóns, en concreto 2.299.484,26 euros en favor da concesionaria do servizo de autobuses urbanos.

Jácome CONCELLO DE OURENSE
Jácome CONCELLO DE OURENSE

INSTALACIÓN DO SISTEMA ERTMS NA LIÑA OURENSE-SANTIAGO

Por outra banda, o deputado do BNG, Néstor Rego, considera necesario paliar as consecuencias da interrupción do tráfico ferroviario provocada pola instalación do sistema ERTMS e pediu asegurar unha cobertura total á necesidade de mobilidade da poboación que non poderá utilizar o tren nas súas viaxes diarias durante os días 22, 23 e 24 de abril.

"Renfe anunciou a habilitación de transporte por estrada alternativo para todos os pasaxeiros e pasaxeiras que puidesen verse afectados polo peche. Pero agora comprométese só a fretar autobuses para os viaxeiros que xa comprasen billetes, pero non ao resto de persoas que utilizan a diario este transporte e que durante eses días quedarán sen servizo porque aínda non adquiriron o billete", denuncia.

ALTERNATIVAS PROPOSTAS POR RENFE

Pola súa parte Renfe propón como solución que os viaxeiros dos trens Avant realicen servizos alternativos por estrada entre Ourense e Santiago, o que comportará un incremento de tempo de viaxe. Para os servizos Alvia, Renfe modificará os percorridos dos trens que conectan Galicia con Madrid e Barcelona, que verán modificados os seus tempos de viaxe.

Para aqueles clientes aos que as novas condicións de viaxe non se axusten ás súas necesidades, Renfe ofrécelles a posibilidade de anular ou cambiar os seus billetes sen custo. O reintegro ou o abono xerado producirase mediante o mesmo modo de pago previamente utilizado. Ademáis, nos traxectos por estrada, non está permitido levar bicicletas nin animais de compañía. Neste sentidio, Renfe lamenta as molestias que estas cuestións poidan ocasionar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta