Talleres de ciberseguridade ou posicionamento web, entre as accións formativas de SmartPeme da Deputación

Por E.P. | PONTEVEDRA | 17/04/2023 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para autónomos e pequenas e medianas empresas, oferta esta semana seis novas accións formativas, entre as que se atopan talleres de ciberseguridade ou posicionamento en buscadores.

Estes cursos tamén permitirán aos interesados formarse en aspectos como a emisión de eventos 'en liña' de forma profesional ou a optimización do cociente de conversión nunha web, entre outras cuestións.

En concreto, este mesmo luns desenvolverase o taller 'Ciberseguridade, dispositivos móbiles', para coñecer a importancia de protexer esta tecnoloxía. Será impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.

O martes será a quenda de 'CRO: Como mellorar as vendas da túa web', onde os participantes aprenderán técnicas básicas para transformar visitas en clientes. Entre outras, mércores a Deputación de Pontevedra ofrecerá dúas actividades, centradas en técnicas de escritura para web de empresas turísticas e un taller sobre posicionamento nos buscadores.

Xoves será a quenda dun curso sobre emisión de evento 'en liña' e de aplicacións para agendar citas para un negocio.

Ciberseguridade
Ciberseguridade | Fonte: arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta