Avanza un novo parque eólico en Silleda e A Estrada

O parque éloico Targos foi sometido a información pública este martes.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/04/2023 | Actualizada ás 12:49

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este martes a resolución pola que a xefatura territorial da Xunta en Pontevedra somete a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico do parque eólico Targos, situado nos municipios pontevedreses da Estrada e de Silleda.

Parque eólico de Vestas
Parque eólico de Vestas | Fonte: VESTAS

Todas aquelas persoas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos pola adxudicación e posta en marcha deste parque eólico poderán presentar as súas alegacións nun prazo de 30 días.

O parque, solicitado por Naturgy Renovables S.L.U., contaría cunha potencia total de 30 megawatts, seis aeroxeradores e unha produción media neta esperada de 95.252 MWh/ano. Ademais, o orzamento de execución material é de 28.541.715,43 euros.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da web de Transparencia da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, no epígrafe de 'instalacións de xeración'. A atención telefónica xestionarase a través do número 986 80 52 34.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta