Cambian o ingreso en prisión por un curso de educación sexual a un home que agrediu sexualmente dunha menor

O acusado aceptou dous anos de pena que implican o non ingreso na cárcere se asiste a este curso

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2023 | Actualizada ás 12:25

Comparte esta noticia

Un home pactou unha pena de dous anos de cárcere por agredir sexualmente no ano 2010 dunha menor de 16 anos en Pontevedra. O acordo subscrito implica o non ingreso en prisión condicionado a que o condenado continúe coa súa asistencia a un curso de educación sexual.

O xuízo estaba sinalado para este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial pero non se chegou a celebrar ao alcanzar as partes un acordo de conformidade que evitou a vista oral. En todo caso, a Fiscalía pedira que o xuízo se celebrase a porta pechada para protexer a intimidade da vítima, menor de 16 anos cando ocorreron os feitos.

Inicialmente, o Ministerio Público pedía oito anos de cárcere e un período de afastamento de nove anos da súa vítima, unha vez concluída a pena de prisión. Do mesmo xeito, solicitaba liberdade vixiada durante ese nove anos e que se lle impedise realizar traballos relacionados con menores.

Con todo, á hora de negociar este acordo foron tidas en conta varias circunstancias atenuantes así como o feito de que o procesado xa pagou unha indemnización para a vítima de 25.000 euros polo prexuízo moral causado.

Ademais, acordouse a suspensión da pena de dous anos de prisión condicionada a que o condenado siga un curso de educación sexual. O tribunal ditará sentenza nos mesmos termos que se acordou e esta será firme sen que caiba posibilidade de recurso contra ela.

Audiencia Provincial de Pontevedra
Audiencia Provincial de Pontevedra | Fonte: Confilegal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta