Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2023 | Actualizada ás 16:57
Un mozo tivo que ser rescatado este domingo tras caer da súa canoa mentres navegaba polo río Lérez, ao seu paso pola cidade de Pontevedra.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 11,20 horas, cando un particular chamou á central de emerxencias para solicitar axuda para unha persoa que caera da súa embarcación debaixo da ponte do Burgo.
Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso ao equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Policía Local e tamén aos efectivos de Protección Civil da cidade. Minutos despois, os equipos de emerxencia confirmaron que o deportista foi rescatado por unha embarcación particular e trasladado ao porto deportivo en bo estado de saúde.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.